07 Set Mostraxes nos afluentes portugueses por parte do CIIMAR
Os membros do CIIMAR estiveron realizando durante a tempada estival seguimentos nas poboacións piscícolas obxecto do proxecto, co fin de determinar a distribución e densidade dos peixes migradores nos ríos tributarios do Norte de Portugal.
Esta actuación, encádrase dentro da Actividade 4 “Avaliación do impacto das actuacións”, Acción 1 de “Avaliación do impacto da retirada e permeabilización dos obstáculos” do proxecto.
As mostraxes leváronse a cabo mediante un método de captura de peixes no que se emprega corrente eléctrica denominado pesca eléctrica. Mediante esta, todos os peixes capturados identificáronse, pesado, medido e marcado antes de proceder á súa liberación.
Tras estas accións, realizaranse inventarios da fauna piscícola antes, durante e despois da intervención nos obstáculos seleccionados que impiden a migración das poboacións de forma natural.
Consulta as fotografías desta mostraxe na seguinte ligazón.

