
09 Mai Mostraxe no río Furnia para avaliar o impacto das actuacións do proxecto
Estes días, os técnicos da Estación de Hidrobioloxía “ Encoro do Con” – USC están a realizar tarefas de mostraxe no río Furnia, coas que se pretende avaliar o efecto que teñen os obstáculos sobre o movemento natural dos peixes migradores.
O seu labor consiste na recaptura de exemplares marcados o verán pasado e facer seguimento dos seus desprazamentos, antes de que os obstáculos sexan permeabilizados no marco de execución do proxecto, e despois comparar coa situación final.
Esta acción está encadrada nunha das actividades do proxecto, Avaliación do impacto das actuacións.

