
11 Nov Migramiño repoboa os salmóns do Miño desde 2017
O salmón é unha das especies migradorias que transitan o río Miño. Con todo, en todo o mundo as poboacións de peces migradores están en franco declive, e a situación na conca do río Miño é preocupante, pois aínda que antes abundaban, agora reducíronse. A súa escaseza é un problema para a conservación da biodiversidade e as actividades económicas tradicionais que dependen delas.
Co obxectivo de poñer un freo a este problema, desde Migramiño leváronse a cabo acciones de repoboación de peces. Coa última repoboación de salmóns realizada pola Xunta de Galicia, xa se soltaron 37.925 xuvenís de salmón no Miño desde o ano 2017, favorecendo a repoboación na subcuenca do tramo internacional do río.