Migramiño publica un informe sobre as potencialidades do sáibao para a creación dun stock reprodutor

Migramiño publica un informe sobre as potencialidades do sáibao para a creación dun stock reprodutor

De acordo aos resultados obtidos do Inventario de peces fluviais no río Miño e afluentes realizado no marco do proxecto POCTEP NATURA Miño – Minho hai uns anos, a poboación de sáibao atópase nunha situación de risco cunha redución do seu stock moi notable nas últimas décadas.

É por iso que o proxecto contempla na súa Actividade 3 ” Reforzo e mellora das poboacións de peces migradores” enmarcado dentro da Acción 2 ” Analisis das potencialidades para o sáibao” realizar unha avaliación sobre a potencialidade de reprodución de Alosa Alosa, dado que o río Miño é un dos poucos ríos europeos onde existe unha poboación funcional desta especie.

O Centro Interdisciplinar de Investigación Mariña e Ambiental (CIIMAR) foi o encargado de realizar este informe para nun futuro, poder realizar repoboacións de sáibao nas concas fluviais seguindo estas medidas propostas.

Descarga o informe neste enlace.