
25 Mai Migramiño no Workshop “methodologies for fish pass, river monitoring and aquaculture”
Varios membros da Estación de Hidrobioloxía “ Encoro do Con” – USC e do ICNF asisten estes días ao ” Technical Workshop on PIT Tag Methodologies for Fish Pass, River Monitoring and Aquaculture” que se está celebrando en Lisboa esta semana.
A primeira xornada consistiu nunha sesión teórica na que se expuxeron varias charlas sobre as metodoloxías aplicadas á mellora da mobilidade de peixes migradores e acuicultura en xeral, sistemas de monitoraxe e medida dos parámetros fluviais que afectan os ecosistemas.
Na segunda xornada desenvolvéronse sesións prácticas de técnicas de marcado e de manexo do material, nas cales os investigadores da EHEC e do ICNF explicaron a súa aplicación dentro das accións do proxecto Migramiño.