Migramiño no congreso ibérico de ictiología, SIBIC2018

Migramiño no congreso ibérico de ictiología, SIBIC2018

Varios dos socios do proxecto Migramiño, DXPN, USC e ICNF participan estes días no Congreso Ibérico de Ictiología, SIBIC 18, que se celebra en Faro (Portugal) do 12 ao 16 de xuño. Este evento, organizado conxuntamente polo Centro de Ciencias de Mar ( CCMAR) e a Universidade do Algarve, é unha conferencia que abarca todos os aspectos da bioloxía dos peixes e a xestión dos recursos pesqueiros e dos seus hábitats. O tema elixido esta edición é a ambición do SIBIC de defender a relevancia ecolóxica dos peixes en todos os ecosistemas e promover a transferencia de coñecementos multidisciplinarios entre os hábitats de auga doce e mariños. Nel presentaron un póster sobre a recolocación de anguías no Tramo Internacional do Río Miño, acción encadrada nunha das actividades do proxecto, o reforzo e mellora das poboacións de peixes migradores.