Migramiño mellora a mobilidade nos ríos mediante a eliminación de obstáculos

Migramiño mellora a mobilidade nos ríos mediante a eliminación de obstáculos

A eliminación e permeabilización de obstáculos nos leitos fluviais realizada contribúe a facilitar o tránsito dos peixes polos ríos, mellorando a súa mobilidade e accesibilidade. Migramiño levou a cabo estas actividades principalmente en dous ríos: o Furnia e o Caselas.

 

No río Furnia executáronse obras para eliminar dous obstáculos en Salvaterra de Miño, para así permitir a libre circulación das especies migratorias nos tramos afectados. No río Caselas tamén se eliminaron dous obstáculos, ademais de proceder á instalación dunha escala innovadora.

 

Ao principio do proxecto estaba prevista a eliminación dun total de 10 obstáculos, pero grazas aos traballos de Migramiño, ata o día de hoxe xa se lograron eliminar 11. Tamén se instalaron dous dispositivos de franqueo para peixes migradores convencionais.