
20 Dec Migra Miño supera o indicador inicial do inventario de presións fluviais que afectan a peixes migradores
O proxecto Migra Miño-Minho contemplou a realización de un inventario inicial de presións que afectase os peixes migradores. Este inventario céntrase especialmente naqueles afluentes nos que as intervencións potenciais que se realicen para mitigar presións axuden a crear unha maior dispoñibilidade de hábitat para a ictiofauna.
Esta acción levou a cabo grazas á coordinación realizada pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Centro Interdisciplinar de Investigação Marinha e Ambiental CIIMAR), cada un deles implementou accións a cada lado da fronteira baixo unha estratexia común e concertada previamente. Ambos estiveron apoiados de forma técnica polos dous organismos de conca: a Confederación Hidrográfica Miño- Sil (CHMS) e a Agência Portuguesa do Ambiente (APA).
Este inventario do tramo internacional do río Miño, concluíu en 22 ríos tributarios da subcuenca superando o indicador inicial que contemplaba o estudo en 9 destes, permitindo mitigar ou eliminar presións de orixe antrópico presentes nos leitos fluviais.
Fonte: Migramiño