
13 Dec Migra Miño- Minho presente no III Congreso Ibérico de Restauración Fluvial
A organización do III Congreso Ibérico de Restauración fluvial, RESTAURARÍOS 2019, correu a cargo do Centro Ibérico de Restauración Fluvial (CIREF) en coordinación coa Confederación Hidrográfica do Segura. Tivo o apoio do proxecto LIFE + RIPISILVANATURA, da Wetlands International – European Association, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e a colaboración do Concello de Calasparra.
A asistencia ao III Congreso Ibérico de Restauración Fluvial supuxo unha oportunidade para afianzar conceptos e ideas que permitan unha maior eficacia na execución do mencionado proxecto. Unha das actividades de MIGRAMIÑO-MINHO está dirixida á redución das presións de orixe antrópico que afectan o hábitat fluvial. Para iso considerouse, entre outras actuacións, a rexeneración do bosque de ribeira no río Tea, dentro da ZEC Río Tea, mediante eliminación da vexetación alóctona invasora e consolidación das marxes do río.
Fonte: Informe sobre la asistencia al III Congreso Ibérico de Restauración Fluvial