
09 Ago Medio Ambiente solta máis de 6.000 xuvenís de salmón no río Deva
A Consellería de Medio Ambiente acaba de realizar o repoboación do río Deva, un antigo coto salmonero do Baixo Miño, con 6.000 xuvenís de salmón. Estes exemplares súmanse aos máis de 20.000 que xa se soltaron nesta canle en 2017 e aos 6.000 do pasado ano, unha acción que se enmarca no proxecto de cooperación transfronteirizo Migramiño e co que se busca incrementar a área de colonización do salmón no tramo internacional desta bacía.
Todas estas accións de reforzo das poboacións de peixes migratorios enmárcanse no proxecto Migramiño, cuxa finalidade é mellorar a protección e conservación do hábitat fluvial da bacía do río Miño no tramo internacional, desde o encoro de Frieira ata a súa desembocadura. Cando se puxo en marcha, esta iniciativa prevía lograr a repoboación de 80.000 xuvenís de salmón entre os anos 2017 e 2019, cifra que xa se superou amplamente coas campañas realizadas ata o momento.
Ademais da Xunta de Galicia e do ICNF, no proxecto transfronteirizo Migramiño participan tamén os organismos de xestión da conca a ambos os dous lados da fronteira (Confederación Hidrógrafica do Miño-Sil e Agência Portuguesa do Ambiente), as institucións investigadoras especialistas na temática (Universidade de Santiago de Compostela e Centro Interdisciplinar de Investigação Marinha e Ambiental) así como a Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, onde se sitúa o Aquamuseu do Río Miño.
Fonte: Galicia24horas