09 Abr Os bos resultados de Migramiño abren á porta a novos proxectos
Os bos resultados alcanzados por Migramiño abren a porta a novas iniciativas! Durante a Xornada de Peche do proxecto, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, aproveitou para anunciar que a Consellería estenderá a experiencia adquirida grazas a Migramiño ao conxunto dos ríos galegos, a través da posta en marcha do chamado Proxecto mil ríos. Cun investimento estimado en 31 millóns de euros, o obxectivo deste novo programa será a recuperación dos humidais e sistemas fluvial da Comunidade a través da restauración de máis de 300 km e da mellora das poboacións de peixes nos ríos.

