A Xunta de Galicia continúa a súa actividade en Cotobade

A Xunta de Galicia continúa a súa actividade en Cotobade

Tras as medidas excepcionais que se están adoptando polo Covid-19, as actividades de campo dos socios do proxecto quedaron paralizadas de forma temporal ata que a actividade retómese con normalidade no noso país.

Na piscifactoría de Carballedo, en Cotobade, o persoal da Xunta de Galicia continúa a súa actividade para dar alimentación aos reprodutores de salmón e ás súas crías coas medidas de prevención necesarias para realizar este labor.

Agora mesmo é un momento do ano en que máis atención require a estación porque é cando eclosionan os ovos e nacen as crías, unha fase delicada da cría.

Nesta ligazón podes ver a entrevista íntegra que a televisión de Galicia realizou a Víctor Rial, capataz da piscifactoría de Carballedo