IX Simposio Ibérico sobre a bacía hidrográfica do río Miño

IX Simposio Ibérico sobre a bacía hidrográfica do río Miño

O Aquamuseu do Río Miño acollerá durante os días 9 e 10 de novembro a celebración do “IX Simposio Ibérico sobre a bacía hidrográfica do río Miño” enmarcado dentro do Proxecto Migra Miño, o fin deste é poder contribuír a aumentar a divulgación do coñecemento científico. Durante estes días todo o público que se atope interesado, estudantes, investigadores e autoridades en xeral están convidados a participar.

Grazas á celebración deste Simposio Ibérico, reforzarase a importancia do coñecemento científico actual sobre a investigación e os estudos realizados na bacía hidrográfica do río Miño, en este, daranse a coñecer todos os proxectos en curso como os que se atopen finalizados. Todos os participantes coñecerán de primeira man como se realiza a xestión nos recursos naturais, ademais da importancia que ten a sensibilización para preservar e conservar a biodiversidade asociada ao río Miño.

Coñece toda a información na seguinte ligazón