
16 Out Inventario de presións parte portuguesa da bacía hidrográfica internacional do Río Miño
Os membros do Centro Interdisciplinar de Investigación Mariña e Ambiental (CIIMAR) publicaron o “Inventario de presións parte portuguesa da bacía hidrográfica internacional do Río Miño” enmarcado dentro da Actividade 2 “Mitigación de presións de orixe antrópico en canles fluviais” correspondente á Acción 1 ”Inventario de presións que afectan os peixes migradores”.
Este inventario centrouse especialmente naqueles afluentes onde as intervencións potenciais que se vaian a realizar para mitigar as presións axuden a crear unha maior dispoñibilidade de hábitat para a ictiofauna.
A avaliación do estado das masas de auga inclúe necesariamente unha análise das presións que son exercidas sobre elas. A continuación móstranse de forma simplificada as súas agrupacións:
Para unha descrición pormenorizada de cada presión consulta este inventario, tras este estudo realizaranse actuacións para eliminar ou mitigar presións identificadas en dous ámbitos principalmente: na xestión dos aproveitamentos das especies fluviais nos ríos afluentes do Tramo Internacional do Miño e na mellora da calidade do hábitat fluvial mediante a mellora da vexetación ripícola.