Inventario de peces fluviais en cursos fluviais de intervención nos Ríos Portugueses – CIIMAR-

Inventario de peces fluviais en cursos fluviais de intervención nos Ríos Portugueses – CIIMAR-

O proxecto MIGRAMIÑO- MINHO intégrase no Programa Transfronteirizo INTERREG V-España -Portugal (POCTEP) 2014-2020 que foi aprobado pola CE en febreiro de 2015, como continuación do anterior Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013, co obxectivo de promover o desenvolvemento das zonas fronteirizas entre España e Portugal e avanzar na melloría da calidade de vida dos habitantes do Espazo de Cooperación.

Proponse como principal desafío mellorar a protección e a conservación do hábitat fluvial da subcuenca do tramo internacional do río Miño, desde o encoro de Frieira (provincia de Ourense) ata á súa desembocadura, con actuacións de melloría do estado de conservación dos leitos fluviais e das especies de peixes migradores presentes no río Miño e nos seus afluentes.

Dentro do plan de traballo do proxecto MIGRAMIÑO- MINHO, son 4 as actividades principais. A Actividade 4: avaliación do impacto das accións consiste en valorar o impacto das actividades do proxecto nos parámetros biolóxicos das poboacións de peixes migradores así como son modificadas as condicións dos hábitats fluviais producidas polas actuacións do proxecto. Dentro desta actividade 4 desenvólvese a Acción 1. Avaliación do impacto da retirada e permeabilización de obstáculos que pretende determinar a distribución e a densidade dos peixes migradores antes e despois da retirada de obstáculos ou a colocación de elementos.

Esta acción consiste en avaliar a distribución e a densidade das poboacións atopadas realizando unha análise dos datos biométricos e a estrutura de idade das principais especies, entre as que estarán a anguía, troita, o salmón e o sáibao, entre outras. Para iso foron realizadas campañas de pesca eléctrica, método moi eficaz para avaliar, en termos cuantitativos, as poboacións de peixes presentes nos afluentes.

Consulta o informe completo