Execución de obras por parte da CHMS nos ríos Furnia e Caselas

Execución de obras por parte da CHMS nos ríos Furnia e Caselas

Durante os meses de xullo, agosto e setembro estivo a redactarse por parte do persoal da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) o proxecto para a execución de obras para a eliminación de obstáculos nos ríos Furnia e Caselas (Tomiño e Salvaterra de Miño).

Froito do proxecto elaborado polo persoal da CHMS executáronse durante o mes de outubro de 2018 as obras para a eliminación de obstáculos nos citados ríos. Estas Estas obras consistiron na eliminación de dous obstáculos no río Furnia e outros no río Caselas permitindo desta forma a libre circulación das especies migratorias neses tramos afectados.

Todas as actuacións atópanse enmarcadas dentro da Actividade 1 “Máis mobilidade e accesibilidade no hábitat fluvial”, Acción 3 “Eliminación e permeabilización de obstáculos de leitos fluviais” do proxecto.