
02 Ago O ICNF instala unha escala no río Mouro aumentando o hábitat fluvial accesible para os peixes migradores
O Instituto da Conservação da Natureza e das Florestas (ICNF) concluíu as obras de instalación para unha escala convencional no río Mouro aproveitando a baixada do nivel do leito nesta época estival. A pesar de finalizar o proxecto Migra Miño-Minho, o ICNF mantivo o compromiso inicial adquirido para permeabilizar en máis de 10km o hábitat fluvial dispoñible para as especies migradoras no leito deste río.
Con esa acción de permeabilización conseguiuse pasar de de 0,6 km de río accesible a unha lonxitude de 10,6 km de río máis libre para os peixes migradores. Esta actuación atópase recollida na Actividade 1 “Máis mobilidade e accesibilidade no hábitat fluvial” enmarcada na acción “Eliminación e permeabilización de obstáculos en leitos de ríos afluentes do Miño”.





