Creación do Stock reprodutor de Salmón

Creación do Stock reprodutor de Salmón

Durante o ano 2017 realizáronse soltas de alevíns de salmón de acordo ao previsto na acción 2 da actividade 3 “Reforzo e mellora das poboacións de peixes migradores”. Neste sentido, foron soltados 57.765  xuvenís nos ríos Deva, río Tea e no río Miño.

No ano 2018 foron soltados xuvenís nos ríos Deva, no propio Miño e no río Mouro, este último afluente portugués do Miño. Esta actuación estableceuse en colaboración entre o ICNF e a Xunta de Galicia que conseguiron soltar un total de 20.382 xuvenís. Mentres que en o  ano 2019,  nos ríos Deva e Miño soltáronse un total de 35.269 xuvenís.

O proxecto Migra Miño_Minho conseguiu mellorar un total de 2.906 ha. de forma agregada e sen duplicar superficies de río mellorado, das cales a maior parte corresponde ao propio río Miño.