
01 Ago Creación dun Stock reprodutor de sáibao por parte do CIIMAR e Aquamuseu Rio Minho
Os membros do CIIMAR capturaron no mes de xullo un grupo de sáibaos no encoro de Frieira, en colaboración coa DXPN e a Asociación de Pesca Lúdica e Desportiva de Melgaço dos cales foron trasladados ás instalacións do Aquamuseu en Vilanova de Cerveira.
Aproveitando a loxística existente no encoro de Frieira, en especial a estación de captura, é obxectivo testear o sistema actual e facer unha avaliación sobre a potencialidade de reprodución do sáibao (Alosa alosa), dado que o río Miño é un dos poucos ríos europeos onde existe unha poboación funcional desta especie
Dadas as características biolóxicas da especie, en especial a dificultade da súa supervivencia en canto ao contacto con redes, preténdese testar e perfeccionar o sistema de captura e transporte de reprodutores para a xeración dun potencial stock reprodutor e a reprodución forzada dos exemplares.
Esta actuación, encádrase dentro da Actividade 3 “Reforzo e mellora das poboacións de peixes migradores”, Acción 2 de “Creación dun Stock reprodutor de salmón procedente do río Miño. Análise das potencialidades para o sáibao”.
“Este proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020″