Coñece as especies anádromas e catádromas

Coñece as especies anádromas e catádromas

Os grandes migradores do río Miño inclúen especies anádromas (nacen no río e parte do seu ciclo de vida ocorre no mar, regresando ao río para reproducirse) como é o caso do salmón (Salmo salgar), reo ( Salmo trutta), o sáibao (Alosa alosa), a saboga (Alosa fallax) e a lamprea (Petromyzon marinus), e unha especie catádroma (nace no mar e parte da poboación entra en augas interiores) como a anguía (Anguilla anguilla). Especies como a solla (Platichthys flesus) e o mugil (Chelon ramada) están incluídas no grupo de especies catádromas, pero cunha área xeográfica de migración reducida.