Como se avalían as actividades do proxecto?

Como se avalían as actividades do proxecto?

A avaliación dos impactos das actuacións do proxecto consisten en poder realizar unha valoración sobre os parámetros biolóxicos das poboacións de peces migradores así como na modificación das condicións dos hábitats fluviais producidas. Este seguimento realizarase antes, durante e despois de realizar as actuacións do proxecto.

As dúas accións de avaliación son as seguintes:

  1. Avaliación do impacto da retirada e permeabilización de obstáculos: Esta acción ten como obxectivo determinar a distribución e densidade dos peixes migradores augas arriba e abaixo antes e despois da retirada de obstáculos e/ou colocación de elementos de permeabilización.
  2. Seguimento dos parámetros biolóxicos poboacionais para comprobar a eficacia das medidas: Este seguimento realizarase nas poboacións obxectivo do proxecto de maneira previa e de forma posterior á implementación das actividades do proxecto. En función da especie realizaranse diferentes técnicas de marcado e recaptura, así como seguimento acústico e por radio. Tamén se realizará marcado de exemplares de individuos remontantes e descendentes.