Como afecta a regulación dos caudais nas especies migratorias?

Como afecta a regulación dos caudais nas especies migratorias?

A regulación de caudais significa que os réximes de caudais que circulaban polos ríos en condicións naturais modifícanse. A afección directa na fauna e flora fluviais vén do feito de que as especies autóctonas han evolucionado e están adaptadas ás peculiaridades dos réximes naturais de cada lugar. Só as especies máis oportunistas poden prevalecer e completar os seus ciclos biolóxicos baixo os réximes fortemente alterados.

A biodiversidade recibe os efectos máis nocivos debido á alteración de hábitats fluviais que a regulación produce. Os efectos barreira provocados polas construcións nos leitos fluviais producen acumulación de sedimentos transportados polas correntes, cuxa ausencia nas canles determinan cambios geomorfológicos ocasionando co tempo novos hábitats con especies introducidas, cosmopolitas e banais. Moitas das comunidades fluviais migratorias necesitan realizar desprazamentos para a súa reprodución, buscando lugares adecuados para a desova e o desenvolvemento dos seus alevíns, ben para buscar canles ricas en alimento, ben en busca de refuxios estivais para os individuos de maior tamaño, ou para evitar os problemas de consanguinidad na reprodución.

As presas orixinan unha obstrución, e en todo caso unha dificultade máis, no paso dos adultos que soben a frezar, no caso das especies anadrómas como os salmóns, ou dos alevíns no caso das especies catadrómas como a anguía que ascenden en busca de hábitats para o seu desenvolvemento.

Cando as presas son grandes (alturas maiores de 15 ou 20 m.) supoñen barreiras infranqueables, ben porque as escalas que se constrúen para o ascenso non son en xeral economicamente viables, ou principalmente porque o descenso dos alevíns e xuvenís (anádromos) ou dos adultos (catadrómos) queda na práctica imposibilitado. Iso é debido a que estas presas utilizan, polo xeral, exclusivamente o desaugadoiro de fondo salvo en casos de avenidas, polo que os migradores que descenden buscan infructuosamente polas beiras dos encoros unha saída da auga por superficie. Aínda no caso que tentasen buscar unha saída en augas profundas, a estratificación do encoro durante parte do ano e o consecuente hipolimneon anóxico supoñerían outra barreira impenetrable.

En moitas especies migratorias os mecanismos que desencadean as migracións reprodutoras están relacionados con aumentos de caudal, ou cambios de temperatura das augas. A regulación artificial de caudais e a consecuente alteración do seu réxime térmico, especialmente cando se dan variacións bruscas e frecuentes de soltas de augas (regulación hidroeléctrica), pode confundir o comportamento natural da especie e mesmo chegar a inhibir o comportamento migratorio.

Mediante a execución do proxecto Migra Miño-Minho intervirase no medio natural para lograr unha maior mobilidade e accesibilidade dos peixes migradores nos ríos tributarios do río Miño a ambos dous lados da fronteira a través da eliminación e permeabilización de obstáculos presentes nas canles fluviais.