
25 Xuñ Ciclo de vida do Salmón Atlántico
O salmón Atlántico caracterízase por ser migrador, tras nacer no leito fluvial e permanecer no río durante a súa etapa xuvenil, na primavera cun tamaño duns 15 cm e 40 gramos desprázanse ao mar tras un proceso de adaptación coñecido co nome de “esguinado”. No mar desprázase ata 6.000 km desde o seu río natal a zonas onde atopan moito alimento e tras un tempo variable retorna pesando entre 2-8 kg , cunha gran precisión atopan o río onde naceu, fenómeno coñecido co termino ínguas de “Homing”. No outono e inverno reprodúcense depositando os seus ovos entre grávaa, a maioría dos salmóns morren tras a reprodución pero uns poucos poden chegar a reproducirse por segunda vez.