
13 Mar Celebración da 12ª reunión de socios do proxecto
O pasado 11 de marzo os socios do proxecto celebraron a súa 12ª reunión nas instalacións do Parador de Tui (Pontevedra) durante toda a xornada matinal.
O encontro, que congregou a representantes de todos os beneficiarios do proxecto, tivo como obxectivo facer un repaso das actividades que se fixeron ao longo dos últimos meses e realizar unha previsión a curto prazo sobre a execución de próximas accións antes da finalización do proxecto.