Captura de sáibaos mediante pesca eléctrica por parte do CIIMAR

Captura de sáibaos mediante pesca eléctrica por parte do CIIMAR

O 25 de maio desenvolveuse por parte do CIIMAR a  captura de sáibaos mediante o emprego do método de pesca deportiva, esta  atópase enmarcada dentro a Actividade 3 correspondente á Acción 2 do proxecto. Sáibaos  capturados mediante este técnica de pesca púidose levar a cabo grazas á colaboración cunha Asociación de Pescadores do municipio de Melgaço.

No desenvolvemento da xornada conseguíronse capturar 3 sáibaos no río Miño co obxectivo de probar o método da pesca deportiva como vía de obtención de sáibaos vivos e o seu consecuente mantemento en cativerio. Esta acción pretende avaliar as potencialidades para a creación dun stock reprodutor para esta especie.