Aviso Legal

barra-colores

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural, dependente da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, é a entidade responsable dos ficheiros que puidesen derivar da recollida dos datos de carácter persoal subministrados polos usuarios dos seus servizos.

En todo caso, os datos solicitados serán os estritamente necesarios para a xestión, prestación, ampliación e mellora dos servicios ó usuario, a difusión e información relativa ás actividades da entidade e o seguimento de consultas formuladas polos usuarios.

De acordo co disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, a DX de Patrimonio Natural comprométese ao cumprimento do seu deber de segredo con respecto aos datos de carácter persoal e ao deber de tratalos coa debida confidencialidade. Para estes efectos, adoptará as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado. Os niveis de seguridade adoptados pola DX de Patrimonio Natural serán os adecuados aos datos que nos facilite, de acordo co previsto no Artigo 9 da Lei orgánica 15/1999 e o título VIII do Real decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei 15/1999, do 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal. En ningún caso os referidos datos serán obxecto de tratamento ou de cesión a terceiros, se non é co consentimento inequívoco do afectado, ou nos supostos previstos nos artigos 6.2 e 11.2 do mesmo corpo legal.

Poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos, remitindo a súa solicitude á Axencia de Turismo de Galicia no seguinte enderezo: San Lázaro s/n  – 15781 Santiago de Compostela, A Coruña. Ou ben mediante correo electrónico a dxpn.cmot@xunta.gal, achegando en ambos os casos copia do seu DNI.