Avaliación do éxito reprodutor do salmón atlántico no río Trancoso

Avaliación do éxito reprodutor do salmón atlántico no río Trancoso

Tanto o salmón como o sáibao son especies migradoras que tras nacer nos ríos desenvólvense no mar e regresan aos cursos fluviais para a súa reprodución. Enmarcado dentro da Actividade 3 ” Reforzo e Mellora das poboacións de peces migradores” dentro da Acción 3 “Avaliación do éxito reprodutor do salmón e do sáibao a pé do encoro de Frieira”, os membros da Estación de Hidrobiología ” Encoro do Con” estiveron avaliando o éxito reprodutor do salmón atlántico no río Trancoso.

Durante esta avaliación observaron unha boa densidade de pintos silvestres, estando #ante un dos poucos refuxios reprodutores que quedan ao salmón no tramo internacional do río Miño. Grazas aos traballos realizados por Migra Miño-Minho descubriuse que parte dos salmóns ven interrompido o seu remonte polo río Miño debido á presa de Frieira entran e reprodúcense no río Trancoso.