Arrinca a Xornada de Peche de Migra Miño-Minho!

Arrinca a Xornada de Peche de Migra Miño-Minho!

Hoxe, 26 de marzo, comeza a Xornada de Peche do proxecto Migra Miño-Minho! Inés Andrade, da Agência Portuguesa do Ambiente, abrirá o evento ás 10:00 da mañá hora española. Durante a mañá diferentes profesionais presentarán os resultados do proxecto, que xa suma 4 anos de colaboración para a protección e conservación dos peixes migradores no Tramo Internacional do río Miño.

Conseguiuse aumentar o hábitat dispoñible para os peixes migradores mediante a permeabilización e eliminación de obstáculos transversais en afluentes do Miño, e reforzáronse  as poboacións mediante un programa conxunto galego-portugués para a repoboación de salmón e traslocación de anguía, que resultou ser unha experiencia de colaboración exitosa. Tamén se procederá á presentación da Plataforma Ecolóxica do Río Miño e do Libro “Peces Migradores no río Miño”, e emitirase un vídeo sobre o proxecto.

A xornada pecharase cunha discusión sobre os retos de futuro para a conservación das especies fluviais migradoras na Eurorrexión Galicia – N. de Portugal, poñendo o foco nas posibles accións de colaboración futuras. O proxecto está liderado pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, e conta coa participación da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e da Universidade de Santiago de Compostela, pola parte española, e polo Instituto de Conservação dá Natureza e Forestas, a Agência Portuguesa do Ambiente, o Centro Interdisciplinar de Investigação Marinha e Ambiental e a Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, pola parte portuguesa.

Aínda estás a tempo de apuntarche, asegura a túa praza recheando este formulario!