21 de abril: día mundial dos peixes migradores

21 de abril: día mundial dos peixes migradores

Con motivo da 3ª edición da Xornada Mundial dos Peixes Migradores, o sábado 21 de abril celebrarase unha xornada de divulgación en diferentes puntos do río Miño, que incluirá varias actividades para dar a coñecer estas especies á poboación e explicar qué factores ameazan actualmente o seu ciclo de vida natural.

Dentro das actividades organizadas para conmemorar este día, tamén se presentarán as accións que se están levando a cabo no Proxecto Migramiño para mellorar o estado de conservación destas especies.

Trátase un evento internacional que se celebra en todo o mundo para concienciar á sociedade sobre a problemática dos peixes migradores e dos ríos e lagos, o seu estado de conservación, o seu papel ecolóxico e a súa gran importancia.

As actividades, dirixidas tanto a xóvenes como a maiores, poden consultarse no cartel da xornada:

Cartel informativo do evento