Coñece as especies migradoras do río Miño

Coñece as especies migradoras do río Miño

A subcuenca internacional do río Miño é un espazo transfronteirizo de alto valor ecolóxico, cunha fauna moi diversa. É o hábitat de 24 especies de peces fluviais, 18 delas autóctonas, entre as que destacan as especies migradoras. Pola súa conca migran peces como a anguía, o salmón, o sáibao, a lamprea mariña, a saboga ou o reo.

En todo o mundo as poboacións de peces migradores están en franco declive, e a situación na conca do río Miño é preocupante. A construción de presas pode conlevar a perda do seu hábitat, e unha mala regulación pesqueira pode causar unha sobreexplotación importante.

As especies migradoras do río Miño, que antes abundaban, reducíronse, e a súa escaseza é un problema para a conservación da biodiversidade e as actividades económicas tradicionais que dependen delas.