Completada a instalación da escala innovadora do río Caselas

Completada a instalación da escala innovadora do río Caselas

O río Caselas (Tui) caracterízase por facilitar a circulación de diferentes especies migradoras. Con todo, dous obstáculos situados no río impedían o tránsito a estes peixes. O proxecto Migramiño levou a cabo unha serie de obras para remover estes obstáculos e permitir o libre movemento das especies, instalando unha escala innovadora no río.