
12 Mar Visita aos obstáculos seleccionados en afluentes portugueses
O pasado 7 de marzo, técnicos do CIIMAR, da APA e do ICNF, realizaron unha saída de campo para visitar os obstáculos preseleccionados polo CIIMAR nos afluentes portugueses, no ámbito da actividade 1 do proxecto, “Máis mobilidade e accesibilidade no hábitat fluvial”.
Os afluentes sobre os que se centrou o estudo de obstáculos no tramo portugués do Miño son o río Coura, Ribeira dá Veiga dá Mira, Gadanha e Mouro.
O seguinte paso nesta actividade consistirá na execución das obras de eliminación e permeabilización nos lugares de intervención seleccionados, tras realizar os correspondentes trámites de licitación e proxectos ambientais.