XESTIÓN
Proxectos da EDUSI
Esta actuación pretende mellorar o contorno urbano da parroquia de Tomeza, mediante a renovación de diversas infraestruturas, coa finalidade de poñer en valor varios espazos públicos, co que se contribúe á rehabilitación urbana e á extensión do modelo de cidade aos núcleos das parroquias. Con este proxecto actúase na zona de Casal do Río, Lusquiños e o contorno da igrexa de San Pedro.
A presente actuación pretende contribuír a que Pontevedra se converta nun destino turístico intelixente. Desenvolverase unha aplicación móbil para que a cidadanía e os turistas, en especial os que viaxen en familia, poidan percorrer a illa do Covo, poñendo en valor os recursos deste espazo. Trátase dunha operación que contribúe á estratexia de desenvolvemento urbano e sustentable e que fomenta, á súa vez, o respecto pola natureza e promove a cultura.
O proxecto pretende a peonalización da Ponte do Burgo e o tratamento dos espazos de acceso situados en ambos os extremos desta para mellorar o contorno urbano, o que revitalizará a cidade á vez que se pon en valor esta ponte como tramo integrante do Camiño Portugués a Santiago ao seu paso por Pontevedra.
A través deste proxecto preténdese a adecuación do andar superior do Mercado Municipal de Pontevedra para novos usos do espazo, diferentes dos tradicionais, de cara a ofrecer novos produtos e servizos, pero mantendo a morfoloxía e a distribución, adaptando certas instalacións e mellorando a imaxe e a estética, coa finalidade de dinamizar este mercado.
Trátase dun conxunto de actuacións que reforzan o proceso de cambio que está a levar a cabo o Concello de Pontevedra na implementación da Administración electrónica en todos os seus aspectos, desde a mellora de ferramentas de xestión e o acceso da cidadanía aos servizos públicos electrónicos, á implantación de solucións electrónicas para a xestión integral tributaria e outros servizos.
Escribe un mensaje