Visita aos obstáculos seleccionados en afluentes portugueses

Visita aos obstáculos seleccionados en afluentes portugueses

O pasado 7 de marzo, técnicos do CIIMAR, da APA e do ICNF realizaron unha saída de campo para visitar os obstáculos preseleccionados polo CIIMAR en afluentes portugueses, no marco da actividade 1 do proxecto, “Máis mobilidade e accesibilidade no hábitat fluvial”.

Os afluentes sobre os que se centrou o estudo de obstáculos no tramo portugués do Miño son o río Coura, o Veiga da Mira, o Gadanha e o Mouro.

O seguinte paso ao estudo de obstáculos consistirá na execución das obras de eliminación e permeabilización nos lugares de intervención seleccionados, despois de realizar os trámites de licitación e os proxectos ambientais correspondentes.