Migramiño no workshop WGDAM (ICES)

Migramiño no workshop WGDAM (ICES)

A Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con” presentou o proxecto MigraMiño-Minho (Interreg España-Portugal) no workshop do WGDAM (Working Group On Data Poor Diadromous  Fish) que se celebruo en Copenhaguen (Dinamarca) nas dependencias do ICES (International Council for the Exploration of the Sea), do 12 ao 16 de marzo.

A constitución deste grupo de traballo no ano 2015 foi unha iniciativa do Comité de Peixes Diádromos do ICES, que dende o 2005 traballa no estudo destas especies, das cales consideran que, agás do salmón atlántico, se dispón de pouca información.

Principalmente, os obxectivos que persegue a creación deste grupo de traballo son actualizar a base de datos con información sobre os peixes diádromos, baseados nas investigacións máis recentes, producir un patrón de ameazas e medidas de mitigación efectivas e proporcionar unha visión xeral da actual supervisión destes peixes, con recomendacións para o seguimento no futuro.