Migramiño no “14 Congresso da Água”

Migramiño no “14 Congresso da Água”

Os pasados 7, 8 e 9 de marzo tivo lugar en Évora (Portugal), a 14ª edición do Congresso da Água, organizado pola Asociación Portuguesa dos Recursos Hídricos (APRH) e dedicado nesta ocasión ao tema “Xestión dos recursos hídricos: novos desafíos”.

Nela participaron os representantes de dúas das entidades beneficiarias do proxecto, Francisco Marín, presidente da CHMS, e o enxeñeiro José Carlos Pimenta Machado, administrador rexional da APA/ARH Norte.

Ambos formaron parte da mesa redonda “Cooperación Transfronteiriza para a Auga” e durante as súas intervencións abordaron os proxectos POCTEP nos que participan actualmente, incluído MigraMiño.