Mostraxe no río Furnia para avaliar o impacto das actuacións do proxecto

Mostraxe no río Furnia para avaliar o impacto das actuacións do proxecto

Estes días, os técnicos da Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con” – USC están realizando tarefas de mostraxe no río Furnia, coas que se pretende avaliar o efecto que teñen os obstáculos sobre o movemento natural dos peixes migradores.

A súa labor consiste na recaptura de exemplares marcados no verán pasado e facer seguimento dos seus desplazamentos, antes de que os obstáculos sexan permeabilizados no marco de execución do proxecto, e despois comparar coa situación final.

Esta acción está encadrada nunha das actividades do proxecto, Avaliación do impacto das actuacións.